A Garda Civil detivo a un veciño de Redondela por furto de uso dun vehículo
A Garda Civil detivo D.V.CH. de 28 anos de idade e veciño de Redondela, como suposto autor dun delito de furto de uso dun vehículo na Zona Franca de Vigo. Na madrugada do día de onte, a Garda Civil, coa colaboración dos Vixilantes de Seguridade da Zona Franca, procedeu á detención dun veciño de Redondela cando este, despois de acceder ao devandito recinto e coller un vehículo CITROEN, modelo GRAN PICASSO, co que, circulando a gran velocidade, intenta saír ao exterior non conseguíndoo ao ser interceptado polo operativo montado.
O detido, que conta con antecedentes policiais, foi conducido ás dependencias oficiais para a instrución das correspondentes dilixencias e presentado ante o Xulgado de Instrución número SETE de Vigo, quedando en liberdade con cargos.
Pouco despois, cando o vixilante de seguridade da Zona Franca procede a abrir as estacas e levantar a barreira para facilitar a saída a un empregado do devandito recinto que finalizaba a súa quenda de noite, decatouse que detrás deste había outro vehículo marca PEUGEOT, modelo 301, sen placas de matrícula.
Ao decatarse diso o vixilante intenta interceptalo a saída baixando a barreira a cal a leva por diante e abandona o recinto por dirección prohibida. Realízanse xestións para a localización desta persoa e o vehículo furtado, que ata o momento non deron resultado positivo.











