A Garda Civil detén en Cangas aos supostos autores do roubo de tres ciclomotores, receptación e falsidade documental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a AD.J.S., de 25 anos de idade, a I.A.C., de 24, a M.P.C., de 19, os tres veciños de Cangas e a O.M.G., de 24 e con domicilio en Vigo, como supostos autores de dous delitos de roubo de tres ciclomotores en Cangas, así como a A.S.P., de 23 anos, veciño de Cangas, ao que se lle detén por un delito de receptación e a M.M.G., de 26 con domicilio en Vigo por un delito de falsidade documental.

A raíz das denuncias presentadas no Posto Principal da Garda Civil de Cangas pola subtracción de tres ciclomotores, un o pasado mes de agosto, o cal se encontraba estacionado na rúa fronte ao domicilio do propietario e os outros dous no mes de novembro, estes no interior dun garaxe comunitario, compoñentes do referido Posto iniciaron as correspondentes investigacións para o esclarecemento destes feitos delituosos.

Estas investigacións comezaron a dar resultado positivo o pasado día 2 do actual coa localización e detención dun dos supostos autores dos feitos denunciados.

Continuando coas investigacións fóronse sucedendo as outras detencións dos supostos colaboradores no roubo dos ciclomotores, recuperándose a maioría das pezas dos mesmos que estaban en poder A.S.P., así mesmo, dentro do marco destas investigacións, no transcurso dunha inspección nun taller de motos encontrouse un ciclomotor, propiedade de M.M.G., co número de chasis manipulado.

Os detidos, que contan con antecedentes policiais, quedaron en liberdade coa obriga de presentarse ante o Xulgado de Instrución número TRES de Cangas.

As investigacións continúan abertas polo que non se descartan novas detencións.

6 de febreiro de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.