A Fundación Luís Seoane inaugura unha mostra da artista coruñesa Ángela de la Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Presentación da mostra. Foto: A. Pérez

Presentación da mostra. Foto: A. Pérez

A Fundación Luís Seoane inaugurará este mércores a exposición ‘Ángela de la Cruz. Escombros’, co traballo desta artista coruñesa, que, por primeira vez, expón na súa cidade. O acto de presentación contou coa presenza da propia artista, a comisaria da exposición, Carolina Grau; o director da Fundación Luís Seoane, David Barro e a concelleira de Cultura do Concello da Coruña, Ana Fernández.

A mostra reúne 16 obras realizadas por Ángela de la Cruz entre os anos 2009 e 2014, a maior parte delas inéditas no país. En rolda de prensa, o director da Fundación Luís Seoane, David Barro, indicou, de Ángela de la Cruz, que é “a artista galega de maior recoñecemento a nivel internacional na actualidade”.

REFERENCIA AO MAR

Na súa intervención, a comisaria da exposición, Carolina Grau, agradeceu en nome da artista e no seu propio o recoñecemento que, con esta exposición se lle brinda á obra de Ángela de la Cruz.

Da mostra, indicou que fai referencia “a todo aquilo que trae o mar, unha referencia que se ve reflectida nas cores das obras incluídas na exposición, branco e marrón, que nos remiten á luz da contorna, á proximidade do mar e tamén aos refugallos, á suciedade, ao que nos devolven os océanos”.

Pola súa banda, a edil de Cultura da Coruña, Ana Fernández, incidiu no carácter internacional da programación da Fundación Luís Seoane.

16 de febreiro de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.