A festa do fútbol galego arranca este sábado en Balaídos con música e sorteos
O evento organizado polo Real Club Celta e os seus patrocinadores con motivo do derby está a ter unha extraordinaria acollida por parte dos afeccionados celestes. A tenda oficial do club xa despachou máis de 800 entradas para a celebración especial que acollerá o estadio de Balaídos este sábado 21 no corredor interior da bancada de Río Baixo.
Os asistentes poderán gozar da festa do fútbol galego dun xeito diferente e rodeados do mellor ambiente celtista. O evento arrancará ás 18:00 horas coa música de M80 e dun DJ en directo e con actividades, sorteos e sorpresas dende primeira hora grazas á inestimable colaboración dos patrocinadores do club.
Ás 20.30 horas Radio Vigo-Cadena SER comezará dende o estadio a súa previa do partido, con protagonistas e toda a información sobre o encontro e xa ás 22.00 horas poderase ver o partido en varias pantallas xigantes e nos monitores instalados nas cantinas do estadio, con amplas zonas de restauración.
As entradas para este evento poderanse adquirir, un máximo de dous por persoa, a partir do próximo luns na tenda oficial do Real Club Celta situada nos baixos de Balaidos, con horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. O prezo por entrada será de 1 euro e a recadación destinarase a sufragar os gastos escolares dos xogadores das categorías inferiores.
Entre os regalos que se sortearán entre todos os asistentes haberá 1 xamón cortesía de COREN, produtos deportivos de CARLOS MIGUEL, vales de 60 € dos restaurantes A RODA e BRASA Y LEÑA, lotes de conservas DAPORTA, botas dos futbolistas do RC Celta e moito máis.











