A Feira de oportunidades do comercio e a feira de antigüidades e artesanía ocupará máis de 5.600 m2 de espazo expositivo na Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

A falta dun mes para que a 5ª Feira de Oportunidades do Comercio e 46ª Feira de Antigüidades e Artesanía abra as súas portas ao público, o espazo expositivo encóntrase totalmente comercializado. Neste dobre certame, daranse cita un total de sesenta e cinco firmas expositoras que ocuparán un total de 5.600 m2 de espazo expositivo, distribuído en tres pavillóns.

A inmensa maioría das firmas presentes, proceden da provincia de Pontevedra seguida da Coruña, Lugo, Ourense e outras. Das firmas presentes, a palma lévaa o comercio local estradense.

Tras o éxito obtido en pasadas edicións, o equipo organizativo considerou oportuno celebrar ambas as dúas mostras conxuntamente xa que, o que se pretende é que unha se beneficie do tirón da outra e viceversa. A este tempo, conséguese unha variedade e incremento considerable de produtos, o que fai que o certame sexa moito máis interesante de cara ao público.

Como atractivo para os visitantes, hai que destacar a gratuidade da entrada ao recinto e ademais, sortearanse entre todos eles, diversos vales de compra. Os sorteos efectuásense o sábado e o domingo. O recinto feiral abrirá do 13 ao 15 de marzo. A apertura o venres, será de dezaseis a vinte e unha horas e o sábado e domingo, o horario será ininterrompido de dez a vinte e unha horas.

Esta mostra vén estando tradicionalmente moi concorrida porque nela, os visitantes poderán adquirir todos os produtos a prezos máis reducidos mesmo que en períodos de rebaixas xa que, é unha outlet de liquidación de stocks en tenda. Unha oportunidade para incentivar a participación do público e á vez, dinamizar o comercio local. Calzado, téxtil (nenos/adultos), enxoval, óptica, mobiliario, relax, decoración, artesanía, antigüidades, libros, porcelana etc…, son mostras do que o visitante poderá encontrar neste evento de promoción económica. A Feira de Oportunidades do Comercio, é o outlet que todos están a esperar, polo atractivo dos seus produtos e polo seu calidade.

Ambos os dous certames, presentan un elenco variado de produtos aptos para todo tipo de economías domésticas.

6 de febreiro de 2015 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.