A factoría de innovación de Vigo e Anfaco-Cecopesca presentan as tendencias en innovación tecnolóxica nun showroom

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

A Factoría de Innovación de Vigo, en colaboración con ANFACO-CECOPESCA, celebrará este xoves, 26 de febreiro, a partir das 10:00 horas, no Centro de Negocios de Porto do Molle, o showroom “A innovación no sector pesca-alimentación: tendencias e proxectos innovadores”, incluído no seu Programa de Actividades en Abierto.

O principal obxectivo desta actividade é analizar as tendencias en innovación tecnolóxica que se están a desenvolver no sector, dende a perspectiva da eficiencia enerxética, a optimización do almacenamento e o transporte, a valorización dos subprodutos da industria alimentaria e o desenvolvemento de novos alimentos saudables adaptados ás necesidades da poboación.

A través da visión de diferentes expertos e da presentación dos casos de éxito de Feiraco, Industrias Frigoríficas do Louro, Alibos Galicia, Ariema e Irmáns Rodríguez Gómez; mostrarase como as novas tecnoloxías están a transformar os produtos e servizos desta industria.
A xornada concluirá cunha visita á planta piloto de ANFACO-CECOPESCA, na que se realizará unha demostración práctica de técnicas de conservación como a indución, a atmosfera modificada, as altas presións ou as microondas, entre outras.

Os interesados en participar nesta xornada gratuíta deben enviar o formulario que encontrarán na páxina web da Factoría de Innovación de Vigo (www.eoi.es/fdi/vigo).

23 de febreiro de 2015 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.