A Exposición Antolóxica do Premio Luís Ksado de fotografía pode verse ata o 5 de abril en Ferrol
A Exposición Antolóxica do Premio de Fotografía Luís Ksado que organiza a Deputación chegou a Ferrol. O pasado venres foi inaugurada polo presidente da Deputación, Diego Calvo, e o alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, no centro cultural Torrente Ballester, onde permanecerá ata o 5 de abril.
Trátase esta dunha mostra itinerante organizada para homenaxear tanto a todos os gañadores que houbo dende 1997 como ao propio galardón polo seu décimo aniversario. A exposición, que comezou no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, viaxará despois de Ferrol a Vigo e Vilagarcía e preténdese que chegue, non só a localidades da provincia, senón tamén de fóra de España.
Relación dos gañadores e as coleccións expostas:
|
2012: X Premio |
Amador Modesto Blanch |
Tudo isto é fado |
|
2010: IX Premio |
Diego Vergés Requejo |
Ángeles city |
|
2008: VIII Premio |
Javier Arcenillas |
La ciudad de la alegría: Kolkata |
|
2006: VII Premio |
Miguel Harguindey Vidal |
“Breve prontuario de peixes e pareceres” |
|
2004: VI Premio |
José Miguel Riopa Alende |
Verde-Rojo-Negro |
|
2002: V Premio |
Fernando Fernández Páez |
Libra |
|
2000: IV Premio |
Vari Caramés Medín |
Galicia Instamatic |
|
1999: III Premio |
Peter Marlow |
La Catedral de Santiago de Compostela – El fin del Camino |
|
1998: II Premio |
Xulio Villarino |
A viaxe subliminal |
|
1997: I Premio |
Xosé Abad Vidal |
Inmigrantes |











