A Escola de Música dedica o “trimestre do compositor” a Mozart

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Escola Municipal de Música de Vilagarcía traballa durante o segundo trimestre do curso en dous programas musicais ben diferentes. Dentro do apartado de música clásica, dentro do “Trimestre do Compositor”, profesores e alumnos empregaranse en coñecer a vida e obra de Mozart, mentres que no apartado de música moderna abordarán a obra de The Beatles. En primavera farán concertos con ámbalas dúas temáticas.

Wolfgang Amadeus Mozart é o compositor elegido este curso para afondar na vida e obra dos clásicos. E dado que este ano cúmprense 45 anos da disolución de The Beatles, o centro tamén renderá homenaxe á banda de Liverpool completando a gama de estilos musicais que se abordan no centro para formar aos seus alumnos.

Os nenos e nenas presentarán traballos que se exporán na Escola sobre a figura do compositor, así como da mítica banda, e para poñer punto final ao trimestre o venres 27 de marzo haberá un concerto a cargo dos alumnos e alumnas da Escola de Música, onde porán banda sonora á vida de Mozart. Xa no mes de abril, terá lugar o concerto dedicado a “The Beatles”.

16 de febreiro de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.