A Deputación mellora a beirarrúa e os servizos nun tramo da avenida de Caión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Un tramo da larachesa Avenida de Caión, situado xusto fronte o acceso principal á Praza do Concello, está a ser obxecto dunha obra que financia integramente a Deputación da Coruña, que é a titular desta vía provincial (CP-1913).

A actuación incluíu a renovación das canalizacións soterradas da rede de saneamento e da recollida de augas pluviais. Os traballos complétanse agora coa correspondente reposición da beirarrúa, labores que comezaron a executarse esta mañá e que concluirán nos próximos días.

Estas obras realizáronse para beneficio xeral dos veciños da Laracha nunha zona especialmente transitada por situarse no centro do casco urbano da capital municipal e dar acceso a vivendas particulares, locais de hostalería e á oficina de Correos.

18 de febreiro de 2015 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.