A Deputación de Pontevedra ten en estado de alerta permanente 10 brigadas e 80 operarios para afrontar o temporal
A Deputación de Pontevedra ten en estado de alerta permanente 10 brigadas, formadas por 8 operarios cada unha, para afrontar o temporal de frío e neve que afecta á provincia, sobre todo nas estradas da zona norte, que inclúe as comarcas de Deza, Tabeirós e parte da de Pontevedra.
Na noite do martes ó mércores as brigadas da zona norte esparexeron sal (desde a 1:30 ata as 8:10 h) polas estradas das comarcas de Pontevedra e Deza que o precisaban, concretamente por catro especialmente afectadas polo xeo e a neve (Ermitas-Pigarzo, na Lama; Folgoso-Forcarei-Silleda; Rodeiro-Oseira; e Lalín-Brántega).
Na zona sur está de garda a brigada da zona de Ponteareas e O Porriño, con especial vixilancia para a EP Puxeiros-Cuvi, en Vigo











