A Deputación de Pontevedra esparce 130 toneladas de sal polas estradas provinciais
A Deputación de Pontevedra esparciu entre a noite do martes e a do mércores para o xoves un total de 130 toneladas de sal nas estradas da provincia afectadas polo temporal de frío, neve e xeo, e nalgunhas outras nas que previsiblemente poidan formarse placas de xeo.
Entre onte e hoxe, os puntos máis afectados da rede de estradas provinciais foron 5 carreteras en A Lama, 3 en Fornelos de Montes e 3 en Soutomaior. Pero a maior perigosidade estivo no Concello de Rodeiro.
Neste concello dezano, as brigadas provinciais interviron pola noite en varios puntos da estrada Portela-Antas de Ulla e, pola mañá, na estrada Negrelos-Pedroso. Dúas brigadas formadas por 10 operarios traballaron para mantelas operativas e, sobre todo, para contrarrestar as abundantes placas de xeo que se formaron.
En previsión de que o mal tempo continúe, a Deputación de Pontevedra sigue a manter en alerta as súas 10 brigadas e 80 operarios, distribuidas estratexicamente por todo a xeografía provincial.











