publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra concédelle 240.409 euros ao Concello de Cambados para mellorar a seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra concedeulle unha subvención de 240.409 euros ó Concello de Cambados para mellorar a seguridade viaria no lugar do Sineiro, en Vilariño.

A obra consistirá na renovación integral do pavimento da estrada e na construción de beirarrúas nun dos lados da calzada. O obxectivo do traballo é mellorar as condicións de seguridade da vía que sirve de acceso ó colexio de Vilariño, ó campo de fútbol e á bodega Martín Códax.

A subvención concedida será para acometer a primeira fase da mellora integral da estrada de subida a Burgáns, en Cambados. As actuacións abarcarán desde o cruzamento coa avenida de Vilariño ata as proximidades da parcela onde se sitúa a empresa Transportes Núñez. Nunha segunda fase a Deputación afrontará a conexión da subida a Burgáns coa estrada provincial A Modia-Oubiña.

24 de febreiro de 2015 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.