A Deputación de Pontevedra concede ao Concello da Estrada dúas subvencións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaPontevedra
A-
A+

A Deputación concedeulle hoxe, na Xunta de Goberno, dúas subvencións ó Concello da Estrada por 186.573 € para acondicionar o mercado de gando da Torre, en Guimarei, para a realización de actividades de hípica e para acondicionar e mellorar o frontón municipal.

A obra nas instalacións do mercado de gando de Guimarei ten por obxecto adecualo ó gando cabalar debido ó aumento do número de veciños que practican algún tipo de deporte relacionado cos cabalos e que, na actualidade, non contan con instalacións adecuadas no concello.

A parcela onde se actuará é de solo rústico especialmente protexido, conta con acceso rodado, auga, subministración de electricidade e fosa séptica.

Os traballos que se levarán a cabo, cun prazo de execución de dous meses, contan cun orzamento de 60.499 €. Consistirán na construción de novas cortes para cabalos, dotación de bebedoiros de boia e comedeiros, tapado das reixas, construción de duchas, instalación de portais, reparacións na cuberta e pintado de parámetros, así como a construción dunha pista deportiva de salto e doma para o que será preciso demoler o actual pavimento.

A actuación de mellora do frontón municipal da Estrada conta cunha subvención da Deputación para executar a obra de 126.074 €.

27 de febreiro de 2015 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.