A Deputación de Pontevedra aproba o proxecto dun tramo da estrada Baión-András

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, o proxecto de ensanche e mellora da estrada Baión-András, entre o seu comezo e o quilómetro 3,6, no cruzamento do Sixto.

As obras, que rematarán a mellora de toda a vía, consistirán no ensanche e mellora do tramo e na construción dunha variante de 860 m no núcleo de Carballo. Contan cun orzamento de 1.706.461 euros.

Na actualidade esta estrada ten entre 5 e 6 m de ancho e conta cun firme moi deteriorado. Coas obras disporá de dous carrís de 3,30 m cada un e beiravías de 1 m. En parte do tramo construirase unha beiravía ampliada de 1,50 m para o tráfico peonil.

6 de febreiro de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.