A Cultura Urbana chega ao centro comercial As Cancelas

Un dos graffities expostos
Talleres de graffiti, música e personalización de gorras, graffiti en vivo ou unha espectacular exhibición de Breakdance son algunhas das actividades que terán lugar nas Cancelas durante esta semana.
Este mércores dan comezo os talleres de Cultura Urbana nas Cancelas, que virán acompañados dun graffiti en directo que levará a cabo Asten (Braisiño), gañador do certame “Xuventude Crea”, e que se levará a cabo dende a tarde e ata o sábado 7 de febreiro. Durante estes días o público terá a oportunidade de ver traballar en vivo e en directo a unha das figuras destacadas do graffiti galego.
O ciclo de talleres do centro comercial inaugúrase co taller de Graffiti, que terá lugar o mércores e o xoves de 18:30h a 20:30h, e o venres 6 de febreiro de 17:30h a 19:00h. Sucederao un taller de Scratch, que se desenvolverá o venres de 19:00h a 20:30h. Xa o sábado poderemos gozar de dous talleres máis, un de personalización de gorras que se celebrará durante a mañá, de 12:00h a 14:00h, e remataremos cun taller de Beatbox de 18:30h a 19:30h. Na Planta 2, poderase ademais gozar ademais dunha exhibición de Breakdance dende as 19:00h.
Estas actividades veñen a sumarse á exposición que xa dende o 30 de febreiro está exposta na Planta 2 e na que se poden considerar 5 graffitis de 2 x 4 m realizados polos artistas gañadores do certame “Xuventude Crea”: Braisiño, coa súa obra “Estilo Salvaxe”, Buble, con “Movemento”, Abraham C. con “Liberdade”, Nada con “Paxaro en man” e Mene con “Azucre Glass”.











