A costa de xaneiro en Marín lévase mellor con diñeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación de mans da Presidenta do CCA Dª Isabel Torres Pazos e da Concelleira de Comercio Dª Cristina Acuña González, os gañadores dos vales compra foron:

– Vale compra de 200 €: Fini Lagos Calviño para gastar en Peixes e Mariscos Eunice.

– Vale compra de 100 €: Saray Aboal Pesqueira, para gastar en Pimar Sport.

– Vale compra de 100 €: María Teresa Campelo Santiago, para gastar Pescados y Mariscos Raquel.

– Vale compra de 50 €: José Veiga Pazos, para gastar en Café Bar Freixo.

– Vale compra de 50 €: Yolanda Duarte Solla, para gastar en Cafetería Aroma.

A entrega de premios efectuarase este xoves día 5 ás 13.30 na sede social do CCA. Ao acto asistirán a Alcaldesa do Concello de Marín Dª María Ramallo Vázquez, a Directora da Oficina de La Caixa Dª Natalia Queimaño Piñeiro e a Presidenta do CCA Dª Isabel Torres Pazos. Aproveitamos a ocasión para agradecer a todos os clientes a súa fidelidade co comercio de proximidade asociado a Estrela de Marín, como ben queda reflexada na numerosa participación, xa que se xuntaron miles de papeletas.

3 de febreiro de 2015 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.