A concellería de Cultura retoma a actividade “A hora do conto” con Fátima Fernández
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, retoma o vindeiro venres, día 13, a actividade de contacontos “Hora do conto” na Biblioteca Municipal Central. Esta nova sesión chea de historias divertidas dará comezo ás 18:00 horas e é de carácter gratuíto. Esta primeira sesión será realizada por Fátima Fernández.
Debido á afluencia de público a esta actividade e por motivos de seguridade, o aforo estará limitado. Así, os interesados en asistir deberán retirar a súa invitación a partir de hoxe no mostrador da planta baixa da Biblioteca. Esta actividade se celebrará con carácter quincenal e as invitacións poderán ser recollidas cada luns que teñan lugar.











