publicidade hoxe

A Casa da Cultura de Neda ofrece este domingo o espectáculo de monicreques “Babiliglub”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

No marco da programación deseñada polo Concello, a Casa da Cultura acollerá este domingo, 8 de febreiro, a partires das 18 horas, un espectáculo imprescindible para os máis pequenos da casa: Babiliglub de Galitoon. O prezo das entradas é de dous euros para adultos e dun euro para o público infantil. Recomendado para nenos e nenas de un a seis anos, este espectáculo de monicreques plantea unha pregunta: ¿Sería posible contar unha historia con catro palabras? Unha pregunta que sona a reto para o valiente protagonista desta historia, un peixiño que só sabe dicir Miau! Un Miau! que provoca unha desafortunada resposta por parte da fauna mariña composta por peixes multicolores e un polbo que só lle din “non!”. Un “non!” lóxico nun universo mariño onde o bo, o propio e “políticamente correcto” é dicir “glub!”. ¿Que ten que suceder en Babiliglub para que se poida proferir o ansiado ‘”si” que o espectador espera? A resposta, na Casa da Cultura este domingo. Un discurso pola tolerancia e a aceptación da diferenza.

5 de febreiro de 2015 | 11:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.