A canteira da Ximnástica trae 8 medallas da Coruña

Atletas da Ximnástica
O Pazo de Deportes de Riazor de Coruña, acolleu o Campionato de Galicia de pista cuberta das categorías benxamín, alevín e infantil. Os atletas da Escola Municipal de Atletismo da Sociedade Ximnástica acudiron á cita para seguir sumando experiencias na súa formación como deportistas.
Se o ano pasado no mesmo escenario se conseguiron 4 medallas, nesta ocasión o premio foi o dobre de metais, con 1 ouro, 5 platas e 2 bronces; todo un éxito para a formación pontevedresa.
Jorge Piñeiro foi o máis laureado cunha prata no salto de altura e un bronce nos 50 metros, da categoría benxamín. Carolina Santos foi a única en conseguir o ouro, nos 1.000 metros alevín. Marcos Villaverde no salto con pértega, Antón Martínez nos 50 metros, Blanca Armenteros nos 500 metros e Pedro Santos nos 1.000 metros; conseguiron a medalla de prata na categoría infantil.
Por último Juan Carlos Pérez, con medalla de bronce nos 50 metros infantil, acompañou no podio ao xa mencionado, Antón Martínez.
Con esta competición, dáse por concluída a tempada de pista cuberta para a Escola de Atletismo. O próximo mes de marzo comezarán as competicións en pista ao aire libre do XOGADE, unha competición que afrontan con moita ilusión os novos atletas.
BENXAMÍN HOMES
2. Jorge Piñeiro Altura 1.05
3. Jorge Piñeiro 50 m.l. 8.32
INFANTL HOMES
2. Marcos Villaverde Pértiga 1.85
2. Antón Martínez 50 m.l. 7.20
2. Pedro Santos 1.000 m.l. 3.16.33
3. Juan Carlos Pérez 50 m.l. 7.34
ALEVÍN MULLERES
1. Carolina Santos 1.000 m.l. 3.32.02
INFANTIL MULLERES
2. Branca Armenteros 500 m.l. 1.29.84
Decisiva última semana, para a Sociedade Ximnástica, antes do nacional absoluto de pista cuberta.
Os atletas da Sociedade Ximnástica probaron o pasado fin de semana, o seu estado de forma de cara á cita estrela da tempada invernal, o Campionato de España de pista cuberta, que se celebra do 21 ao 22 de febreiro en Antequera. Santi Ferrer Alonso, realizou en Coruña o seu mellor concurso de sempre na proba de salto con pértega, mellorando a súa marca persoal ao superar o listón en 4,75 metros.
Sergio García con 1.52.02 nos 800 metros, no mesmo escenario do nacional absoluto, mellorou a súa marca persoal da tempada, ratificando que se encontra en plena forma de cara á cita de Antequera.
Mario Álvarez, estirou a fita métrica ata os 7,02 metros, na proba de salto de lonxitude, que se celebrou en San Sebastián; establecendo outro tope persoal da tempada.
Outros atletas como Lysvanys, David Martínez, Salcedo ou Julián; preferiron reservarse e seguir acumulando adestramentos.











