A candidatura Podemos Cambiar Galicia presentará o seu proxecto na Coruña este sábado
Podemos Cambiar Galicia, candidatura aos órganos executivos desta formación na comunidade autónoma, presentará este sábado, na Coruña, o seu proxecto con todos os membros da súa candidatura.
O acto celebrarase este sábado, no Edificio de Sindicatos, a partir das 18,30 horas. Por primeira vez dende a campaña, todos os candidatos estarán presentes, segundo precisan os convocantes.
As 33 persoas que forman a lista de Podemos Cambiar Galicia son profesionais que abranguen distintos campos, dende o mundo empresarial ata a arquitectura, a docencia, a función pública, as artes ou a gastronomía.
A votacións para a elección do secretario xeral e o consello cidadán comezarán o próximo luns e prolongaranse ata o venres, día 13. Nelas, poderán participar todos os inscritos no partido na comunidade autónoma galega.











