publicidade hoxe

A campaña de San Valentín de ACES-CCU xa ten gañadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSarria
A-
A+

Unha vez realizado o sorteo das catro ceas da campaña de San Valentín da ACES-CCU, as persoas premiadas foron as seguintes: Roberto López López, Juan Carlos López Arenas, e Daniel Fernández Díaz, con senllos boletos cubertos en LAR DE MENCHU, DIMAR e ALUMA PERRUQUEIROS. Roberto, Juan Carlos, Daniel e as súas parellas gozarán dunha cea no Hotel Alfonso IX, Restaurante Roma e Restaurante O´ Descanso, respectivamente.

A última cea sorteada (para dúas persoas) foi entre as persoas que deixaron as dedicatorias á súa parella ao noso reporteiro, os pasados días 13 e 14 de febreiro. A afortunada neste caso é Ana Caloto, que gozará doutra cea nun deses tres establecementos, á súa elección.

A entrega de premios aínda que estaba prevista para o venres, será mañá xoves ás 16:00 horas, e á que esperamos que poidades asistir.

18 de febreiro de 2015 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.