publicidade hoxe

A campaña de esquí da Deputación da Coruña chega ao seu ecuador cando 300 nenos xa visitaron Cabeza de Manzaneda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaManzaneda
A-
A+

A Campaña de Esquí 2015 da Deputación chegou esta fin de semana ao seu ecuador e uns 300 nenos e nenas da provincia puideron xa coñecer Cabeza de Manzaneda. 

Nesta terceira quenda foi a rapazada da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros a que tivo un primeiro contacto coa neve e o deporte de esquí. A próxima fin de semana está reservada para os concellos das Pontes, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Miño, Pontedeume, Sada e A Capela. 

Esta campaña, que organiza a Deputación da Coruña, consiste nunha viaxe a Manzaneda, a estadía de fin de semana na estación de esquí e os cursiños con monitores para que a xuventude teña un primeiro contacto con este deporte. Ademais, tamén se inclúen o alugueiro de material, os remontes mecánicos e os seguros.

Este ano ampliáronse as prazas e cando remate o programa, o 8 de marzo, serán 600 os nenos que participaron nela.

15 de febreiro de 2015 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.