publicidade hoxe

A Biblioteca provincial da Coruña organiza un obradoiro de cómics para xóvenes de entre 7 e 14 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaXuventude
A-
A+

Esta fin de semana a Biblioteca provincial organiza novas actividades pensadas para os máis novos. En concreto, a sala de infantil e xuvenil organiza un obradoiro de cómic para nenos de 7 a 14 anos. O curso celebrarase todos os sábados dende o 7 de marzo ao 16 de maio en horario de 11.00 a 13.00 horas, pero o prazo de inscrición ábrese este sábado día 21. Pódese conseguir máis información na biblioteca infantil e xuvenil ou chamando 981080171 (ext.5311).

Para adultos

Ademais, actualmente está aberto o prazo de inscrición no club de lectura de literatura romántica encabezado por Trinidad Palacios. O curso para adultos desenvolverase todos os venres dende o día 27 de febreiro ata o 26 de xuño en horario de 17.00 a 19.00 horas.

Tamén quedan prazas para as charlas organizadas con motivo da exposición sobre Picasso na Coruña. Trátase de catro sesións nas que se explicará a vida e obra do pintor malagueño e a súa relación coa cidade. En marzo, haberá tres charlas os días 3, 10, 17 de 19.30 a 20.30 horas e o último día, o 24 de marzo, visitarase a mostra en Belas Artes.

En cambio, xa non é posible apuntarse nos cursos de inglés que abrían hoxe a inscrición, xa que esta mesma mañá esgotáronse as prazas.

Dentro tamén da oferta para adultos que ofrece a Biblioteca provincial, lémbrase que o próximo luns ábrese o prazo para anotarse no curso de chinés mandarín que imparte Rachel Chen. As clases comezarán o día 5 de marzo e  desenvolveranse todos os xoves de 19.00 a 20.30 durante 15 sesións. 

19 de febreiro de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.