A avogada de Castiñeiras manifesta certa satisfacción pola sentenza aínda que recorrerá ao Supremo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

Carmen Ventoso, a avogada de Manuel Fernández Castiñeiras, condenado a 10 anos de cárcere polo roubo do Códice Calixtino e pola subtracción de 2,4 millóns de euros da Catedral de Santiago, manifestou “certa satisfacción” ante a sentenza, xa que “non é nin de lonxe a que solicitaban o fiscal nin a acusación particular”.

Nunha primeira valoración, a falta de ler e estudar detidamente o contido do fallo, a letrada asegurou que “de entrada” ten que mostrar “certa satisfacción”, dado que “non son nin os 18 anos que pedía o fiscal nin os 30 que solicitaba a acusación particular”.

Ademais, a avogada tamén se mostrou satisfeita pola absolución de Jesús Fernández Nieto, o fillo do ladrón do Códice e, respecto á pena de seis meses de cárcere por branqueo de capitais que lle foi imposta a Manuela Remedios Nieto, a esposa de Fernández Castiñeiras, sinalou que “non é nin moito a petición que había sobre ela”, pero afirmou non entender esa condena.

A pesar desta “certa satisfacción”, Carmen Ventoso apuntou que “agora toca estudar detalladamente a sentenza”, da que no momento das declaracións só coñecía “a parte dispositiva”. “Naquelas partes que non se nos dea a razón, loxicamente recorreremos ao Supremo, avanzou.

A letrada engadiu que “durante o xuízo se formularon unha serie de cuestións que se ao estudar a sentenza vai “que non foron recollidas” pedirá que as revise o Tribunal Supremo “e que diga se valen ou non valen”.

18 de febreiro de 2015 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.