A aula CeMIT de Verín inicia as actividades do 2015 con dous cursos de informática

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A aula CeMIT do Concello de Verín comeza o ciclo de actividades formativas para este ano 2015, coa realización de dous cursos de informática: ferramentas na nube e iniciación á informática.

Estes dous cursos terán lugar nas xornadas de luns, mércores e venres en dous horarios: de 10 a 12 horas (ferramentas na nube) e de 16 a 18 horas (iniciación á informática). Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos deben realizar a súa inscrición na Aula CeMIT de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT (situada na Avenida de Portugal, nº 11, andar 1- porta 11 ou no correo electrónicos: cemit.verin@xunta.es)

Os cursos de iniciación á informática e ferramentas na nube trátanse das dúas primeiras actividades do ano da aula Multimedia do Concello de Verín, que pechou o ano 2014 coa realización dun total de 125 accións formativas (entre cursos, charlas, videoconferencias e outras actividades externas) e 910 usuarios/as na mesma. Estas cifras permitiron que a aula CeMIT de Verín clausurara o 2014 converténdose, por segundo ano consecutivo, na mellor de Galicia por número de usuarios/as formados/as e actividades programadas, segundo o ránking e datos da propia aplicación XEA da Xunta de Galicia.

De todas estas actividades programadas na aula CeMIT de Verín durante o ano 2014, impartíronse un total de 95 cursos nos que se abordaron cuestións como: internet, compras seguras na rede, Sixpac, iniciación á informática, busca de información na Internet, correo electrónico, ferramentas na nube, compras seguras, cloud computing, Hangouts, Youtube, como crear unha revista ou catálogo de produtos en liña con ISSUU, Google Docs, correo electrónico, DNI electrónico, administración electrónica, documentos on-line e presentacións on-line, opera co teu banco, alfabetización, redes sociais, ofimática ou retoque fotográfico, entre outros. Todo isto sen esquecer a realización doutras 30 actividades como Programa Acting, Programa de alfabetización para mulleres inmigrantes OLA FABIOLA , seminarios do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e o Centro Demostrador TIC de Galicia, xornadas de informática básica e alfabetización con Cruz Vermella Monterrei, xornadas da Antena Local de Verín da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, accións da Asociación Galega de tecnoloxías de Información e Comunicación, e propias do Concello de Verín impartidas polo axente TIC (Kero-Kolo, Kero-Informátika, Kero-Kedar +, exame para a obtención da certificación galega de competencias dixitais CODIX ou módulo de alfabetización dixital do Obradoiro de emprego ‘San Antón’, Videoconferencia con Papá Noel, Ludoteca 2014 ‘Convive en Igualdade’, Ludonadal 2014, II Xornadas de fotografía: Iniciación e retoque do Centro de Información ás Mulleres ou Promoción turística local e información ao visitante).

5 de febreiro de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.