A Aula CEMIT de Ourense organiza 9 cursos gratuítos nos vindeiros meses
A Aula CEMIT do Concello de Ourense, sita na rúa do Progreso, 44, acollerá durante os vindeiros meses de marzo e abril 9 novos cursos gratuítos relacionados coa informática. As persoas interesadas xa poden inscribirse e participar nestas propostas, que teñen como obxectivo achegar a tódolos públicos ao uso das novas tecnoloxías, desde os niveis máis básicos ata outros máis avanzados. A oferta formativa consta de iniciación á informática, Internet, creación de blogs, retoque de fotografías, ferramentas na nube, creación de páxinas web (nos niveis básico e avanzado), DNI electrónico e folla de cálculo.
As inscricións son a través da dirección http://cemit.xunta.es/centro/55, e as persoas interesadas poden solicitar máis información na Aula CeMIT, sita na rúa Progreso, 44, teléfono 988374523.
Calendario dos cursos:
– Iniciación á informática: 2, 3, 4, 5 e 6 marzo de 9:30 – 11:30h
– Internet: 9, 10, 11 e 12 de marzo de 9:30 – 11:30h
– Creación de blogs – WORDPRESS: 17, 18 e 19 de marzo de 9:30 – 11:30h
– Retoque de fotografías – GIMP: 23 e 24 de marzo de 9:30 – 11:30h
– Ferramentas na nube – GOOGLE APPS: 26 e 27 de marzo de 9:30–11:30h
– Creación de páxinas web – JOOMLA (Nivel básico): 6, 7, 8, 9 e 10 de abril de 9:30 – 11:30h
– DNI electrónico: 17 de abril de 9:30 – 11:30h
– Creación de páxinas web – JOOMLA (Nivel avanzado): 20, 21, 22, 23 e 24 de abril de 9:30 – 11:30h
– Hoja de cálculo – CALC: 28, 29 e 30 de abril de 12:00 – 14:00
Aula CeMIT
O antigo telecentro foi renomeado coma Aula CeMIT tras a súa inclusión na rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) que se creou co obxectivo de coordinar as actuacións das diferentes aulas públicas de acceso a internet dependentes da Comunidade Autónoma galega, para favorecer a alfabetización dixital e o desenvolvemento da Sociedade da Información.
O telecentro abriu as súas portas ao publico en abril de 2009 na rúa do Progreso, 44. A sala conta con 20 ordenadores, un deles adaptado a persoas con discapacidade. Todos eles dispoñen de lector dixital de DNI electrónico, DVD, monitor TFT, headset con micro, control de volume de Windows XP e paquete de ofimática e multimedia. A sala dispón tamén dun proxector con pantalla motorizada, sistema de videoconferencia e rede wifi. O horario de acceso ao público é de luns a venres de 9h a 14h polas mañás e de 16h a 21h polas tardes.
A aula é un instrumento ao servizo de todas aquelas persoas que desexan incrementar os seus coñecementos informáticos e tenta potenciar o uso das novas tecnoloxías entre as persoas de maior idade para a formación, a búsqueda de emprego ou o ocio, dentro do obxectivo do Concello de Ourense a través da Concellería de emprego e promoción económica de diminuír a fenda dixital implantando políticas de accesibilidade web para todas as persoas, independentemente das súas limitacións físicas ou das derivadas do seu contorno.











