A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense organiza dous Grupos de Axuda Mutua

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense, organiza dous Grupos de Axuda Mutua destinados a pacientes oncolóxicos, dando prioridade a aqueles que están a tratamento activo médico ou psicosocial ou nos dous primeiros anos do diagnóstico.

O obxectivo principal destes grupos é o de proporcionar estratexias de afrontamento e mellorar a sensación de relaxación e benestar xeral dos pacientes (adestrando habilidades como o autoestima, a asertividade, etc.), así como de proporcionar un espazo de encontro e axuda mutua.

O primeiro grupo levarase a cabo na “Casa da Cultura” do Concello de Xinzo de Limia os mércores pola tarde dende o día 4 de Marzo de 2015 e constará nunha reunión cada dous semanas ata finais do mes de maio.

O segundo grupo desenvolverase no local “Bo Día Familia” do Concello de Carballiño os mércores pola tarde dende o día 11 de Marzo de 2015 e constará nunha reunión cada dous semanas ata finais do mes de maio.

Os devanditos grupos estarán dirixidos por unha traballadora social da asociación. Para obter máis información e apuntarse a un destes grupos deberase contactar coa Sede da Asociación en Ourense nos teléfonos 988219300 -988219306.

Unha vez máis a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense ten a ben felicitarvos polo importante labor dos medios de comunicación para a transmisión de mensaxes de prevención e información tanto a enfermos e familiares de cancro, coma ao cidadán en xeral.

Dada a importancia deste tema para todas as persoas afectadas de enfermidade oncológica dos Concellos de Xinzo de Limia e Carballiño, agradeceriamos moito a súa difusión e invitámosvos a que se vos é posible cubrades o devandito evento.

18 de febreiro de 2015 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.