publicidade hoxe

A asociación de mulleres rurais “Aires do Norte e Olé” clausuran o curso de primeiros auxilios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Unha vintena de membros da Asociación de Mulleres Rurais “Aires do Norte e Olé”, de Ponte Caldelas, completaron o curso de primeiros auxilios que se viña impartindo no Centro Cultural da vila dentro do programa Pensa en Ti impulsado pola Deputación de Pontevedra e coa colaboracion do Concello de Ponte Caldelas.

O curso de primeiros auxilios estivo impartido por un monitor titulado que ao longo dun período formativo de 30 horas, repartidas en xornadas de dúas horas nas tardes dos sábados, foi mostrando aos alumnos participantes as distintas técnicas a realizar en caso de sufrir algún tipo de accidente ou imprevisto.

Os asistentes ao curso agradeceron a iniciativa ao Concello e á Deputación de Pontevedra ao tempo que mostraron por repetir a experiencia formativa a través da solicitude dun novo curso do amplo abano de especialidades que ofrece o programa “Pensa en ti”.

O Concello de Ponte Caldelas destaca o interese que esperta entre os colectivos sociais este programa que non só revitaliza os centros culturais e veciñais senón que serven de escusa para reunir os veciños en torno a unha actividade lúdica que ao mesmo tempo serve para aumentar o seu coñecemento sobre diversas cuestións.

Os membros da directiva da Asociación de Mulleres Rurais “Aires do Norte e Olé ” destacaron a idoneidade do modelo escollido pola Diputación, que facilita o acceso a este tipo de actividades que, doutro modo, as asociacións terían, por si mesmas, moi difícil o seu tratamento e posta en funcionamento.

10 de febreiro de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.