A Apdef preséntase en Vigo para asesorar e atender a afectados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

A Asociación de Prexudicados de Entidades Financeiras (Apdef), primeira asociación española de afectados por produtos financeiros tóxicos, presentouse este mércores na cidade de Vigo co obxectivo de manter unha reunión informativa con posibles afectados por produtos financeiros tóxicos.

Tal e como informou Apdef, o obxectivo deste encontro é solicitar datos de cara a que a asociación, presente nunhas 56 cidades españolas, asesore e emprenda posibles accións legais para que os prexudicados por este tipo de produtos “poidan recuperar o seu diñeiro”.

Na presentación deste mércores participaron o vicepresidente da Apdef, Constantí Pera, e a avogada María Fernanda Malvar. Posteriormente, o encontro celebrarase este xoves en Lugo, onde o vicepresidente e a letrada María José Fernández Mato reuniranse con afectados a partir das 19,00 horas no Hotel Méndez Núñez.

A Apdef foi a primeira asociación de afectados española en reclamar a Bankia pola venda de accións –restituíu extra xudicialmente o 100%, con 1,2 millóns–, e atende tamén a afectados polas preferentes e subordinadas, por Valores Santander, polas cláusulas chan hipotecarias e por outros produtos tóxicos.

En toda España, esta organización conta con máis de 3.600 socios e ten abertos actualmente uns 2.600 procedementos nos xulgados contra diversas entidades financeiras. Ademais, “a día de hoxe resolveu máis de 650 casos cun 97 por cento de éxito”, e recuperou uns 25 millóns de euros.

11 de febreiro de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.