publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A actividade formativa de AGACA comeza cun curso de Incorporación á empresa agraria en Agris

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriol
A-
A+

Profesores especializados de AGACA impartirán o curso “Incorporación á empresa agraria. Vacún de leite” na cooperativa lucense Agris co fin de formar aos seus socios nos pormenores da creación dunha empresa agraria adicada ao vacún de leite, de xeito que poidan acceder máis fácilmente ao sector, así como coñecer as axudas que ofrece a Xunta.

Entre os contidos que se impartirán, atópanse cuestións tanto administrativas, como poden ser a xestión técnico-económica, as relacións laborais ou a previsión de riscos laborais, pero tamén aspectos relacionados co asociacionismo, a comercialización e a trazabilidade, xunto con formación sobre sensibilización ambiental, agrotecnoloxía, produción de forraxes e alimentación do gando vacún, así como produción de leite e manexo do gando.

A oferta formativa de AGACA continúa con outros cursos sobre Incorporación á Empresa Agraria, Benestar Animal, Novas Tecnoloxías e Enerxías Renovables. Calquera persoa interesada en realizar algunha das actividades pode informarse ou ben a través da súa cooperativa ou ben contactando directamente co Departamento de Formación de AGACA, no teléfono 981 584783.

3 de febreiro de 2015 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.