publicidade hoxe

“7 artes para un entroido” gañado o desfile de Entroido de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Despois do gran desfile de Entroido o pasado domingo 15 de febreiro, da man de 15 comparsas chegadas de Nigrán, Baiona, Tomiño, Goian, A Garda, Vigo e Gondomar que encheron de cor e música as principais rúas do concello, procedeuse a noite de onte á entrega dos premios.

Ao rematar o Desfile Infantil que tivo lugar a tarde de onte, a festa continuou cunha gran verbena amenizada polo grupo “Aramio”, mentres as comparsas participantes esperaban o veredicto e clasificación das agrupacións no desfile do domingo.

Finalmente o xurado, composto por membros que integran o mundo social-artístico-cultural do municipio outorgou o primeiro premio dotado de 700 euros á Asociación de Carnavais de Mañufe, con “7 artes para un entroido”. “Piratadas por un tubo” de Nigrán e “Vinciocas-Piratas” da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios recibiron o segundo e terceiro premio, respectivamente, dotados con 600 e 500 euros cada un. Ademais dos premios en metálico, tamén recibiron unha cesta de produtos porcinos. As restantes 12 comparsas participantes recibiron un donativo de 400 €.

O premio especial á mellor carroza das comparsas, dotado con 300 euros, volveu recaer na Asociación de Carnavais de Mañufe con “7 artes para un entroido”.

Dende o Concello de Gondomar agradécese a gran participación neste tradicional desfile, que congregou a un gran número de veciños e participantes.

Hoxe celebrouse o tradicional Enterro da Sardiña ás 19.30 seguido do funeral, a comitiva, a lectura do testamento e o propio enterro de Dona Sardiña, que deu, por finalizado este Entroido 2015.

18 de febreiro de 2015 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.