publicidade hoxe

Yoan Grudikov ofrece un concerto na Casa da Cultura de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonforte de Lemos
A-
A+

A Casa da Cultura de Monforte acollerá este venres día 16 ás 20:15 h, un concerto de Yoan Grudikov Grudev, un músico novo nado en outubro de 1999 en Sofía (Bulgaria) e actualmente residente en Monforte.

Yoan comezou a tocar a batería cando só tiña un ano e medio de idade; con só tres anos fixo o propio co violín e con catro iniciou o seu contacto co piano.

Con tan só quince anos de idade Yoan xa conta no seu haber con dous importantes premios como solista de coro.

Chegou a España no ano 2004 e, dende o 2006, afincouse en Monforte de Lemos, continuando os seus estudos de piano, percusión e violín no Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez.

Na actualidade estuda no colexio dos PP. Escolapios

15 de xaneiro de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.