Xuntanza de traballo en Poio para o Proxecto Piloto para a prevención da obesidade infantil “Plan Xérmola”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

O pasado mes de decembro, no salón de Plenos do Concello de Poio, a Consellería de Sanidade, a través da súa xefatura territorial, presentou o Proxecto Piloto para a prevención da obesidade infantil, coñecido como “Plan Xermola”.

Cos obxectivos de diminuír a prevalencia da obesidade na poboación infantil e xuvenil de Galicia menores de 18 anos nun prazo de 8 anos, mellorando o patrón alimentario e de actividade física da poboación infantil e xuvenil como principais determinantes actuais desta patoloxía, creouse este Plan que se vai implementar no municipio.

Unha das primeiras actuacións supón a creación dun grupo de traballo multidisciplinar formado polos representates políticos municipais responsabeis das áreas de sanidade, benestar social, deportes e educación, representantes do sector sanitario, da comunidade educativa e os representantes da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra.

Nesta xuntanza faráse unha primeira aproximación e toma de contacto entre os diferentes axentes involucrados e fixaráse o calendario das actuacións a seguir coa finalidade de analizar a situación de partida a través de realización de diferentes cuestionarios por ámbito de intervención e demografía.

Cos datos obtidos procederáse ao deseño do plan de intervención local (propostas e rexistro de actividades, desenvolvemento e, posterior, avaliación das mesmas).

A xuntanza terá lugar o día de mañá venres as 10h no salón de actos do Concello de Poio.

22 de xaneiro de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.