Xornada formativa para os alumnos do “CIFP A Farixa” de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Durante o día de hoxe tivo lugar unha xornada formativa cun grupo de alumn@s do CIFP A Farixa de Ourense que se encontran estudando o Ciclo Profesional de Técnico Deportivo en Fútbol Sala e que dentro da súa programación escolar se encontrou esta visita xunto co seu profesor-titor para coñecer o funcionamento dunha escola de fútbol sala profesional, como é a Escola Terra.

O xerente da Fundación Azkar, Iván Pico, introduciunos na organización estrutural e metodolóxica de todo o proceso de ensino-aprendizaxe que se desenvolve na Escola contestando á súa vez a todas aquelas dúbidas que lles ían xurdindo aos alumnos que se mostraron moi participativos durante toda a charla. Nesta charla tamén estivo presente o presidente de Prone Lugo AD, Ovidio Pérez.

Xa pola tarde, o director da Escola Terra, José González, fixo unha exposición sobre o traballo específico que se realiza para os porteiros, mostrando todo o proceso metodolóxico que se usa para abordar todos os aspectos, técnicos, tácticos, físicos e psicolóxicos desta demarcación tan específica.

Posteriormente os alumnos presenciaron adestramentos da EscolaTerra e desprazáronse ao Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo para presenciar o adestramento do primeiro equipo de Prone LugoAD, que xunto con Javier Albes analizaron diferentes puntos do deporte xa a nivel profesional.

Agradecemos ao seu profesor-titor, Isidro Grela, o interese mostrado un ano máis en mostralo aos seus alumnos o noso funcionamento interno. Esperamos que fose unha grata experiencia para tod@s ell@s.

29 de xaneiro de 2015 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.