Xa están á venda as entradas para o partido entre o Rio Natura Monbus Obradoiro e o Herbalife Gran Canaria
O Rio Natura Monbus Obradoiro puxo xa á venda as entradas para o primeiro partido da segunda volta no Fontes do Sar, que o enfrontará ao Herbalife Gran Canaria de Aíto García Reneses o próximo sábado 31 de xaneiro, ás 20.00 horas.
Os prezos xerais son de 25 euros en Fondos e Tribunas 2, 29 en Tribunas 1 e 35 en Tribunas Retráctiles. Os grupos con Prezos Reducidos como menores de 18 anos, estudantes menores de 25, maiores de 65, parados de longa duración ou federados do baloncesto, poderán comprar os seus pases por 19 euros en Fondos e Tribunas 2 e 25 euros en Tribunas 1.
A venda xa está en marcha mediante a páxina web do club (www.obradoirocab.com), así como nas oficinas deste, abertas de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00.
Tamén continúa a posibilidade de crear aboamentos de Segunda Volta, asegurándote o teu propio sitio e o rápido acceso ao Fontes do Sar en todos os partidos que quedan da tempada.
Con prezos que van segundo situación dende os 110 aos 330 euros, o aboamento, que permitirá ver na casa encontros dos de Moncho Fernández contra catro equipos de Euroliga e dous de Eurocup, entre outros. Ten diferentes descontos aplicables, como o 10% se se é ex subscritor da pasada campaña, 5% se é de anteriores ou 30% se se é accionista con máis títulos dos mínimos. Ademais, traendo unha entrada usada no partido contra o F.C. Barcelona, o prezo desta descontarase do aboamento en tarifa xeral.
Os subscritores de segunda volta terán tamén unha oferta do 5% nos produtos oficiais do club vendidos na Miudiño Store, así como acceso a diferentes promocións ofrecidas polas firmas do Club de Empresas Obradoiro.











