Xa están á venda as entradas para o Celta-Valencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

Xa están á venda as entradas para o Celta-Valencia de Liga (sábado, 20 h, Balaídos), un encontro de grande atractivo que promete espectáculo e emoción. Os billetes, que poden adquirirse na oficina de subscritores de Balaídos, manteñen unha xornada máis os prezos habituais dende a pasada tempada: entre 25 e 50 euros para categoría ADULTO e entre 15 e 25 euros para categoría sub-25.

Os celestes enfrontaranse o sábado a un dos conxuntos en mellor forma do campionato ligueiro, co que a esixencia do partido será máxima. Alcanzar a vitoria requirirá do esforzo e entrega do equipo, pero tamén do apoio do celtismo que en innumerables ocasións demostrou ser determinante. O club anima todos os subscritores e afeccionados a acudir a Balaídos para alentar o equipo vigués e remar xuntos cara a un triunfo co que romper a tendencia de resultados das últimas semanas.

A oficina de subscritores permanece aberta de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Ademais a venda de entradas está operativa as 24 horas do día no despacho online: www.celtavigo.org/taquillaCelta

7 de xaneiro de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.