“X-Grog”, “Argallán” e “Marina Coruña” lideran o XV Trofeo de Inverno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

O pasado fin de semana, o Real Club Náutico da Coruña celebrou a primeira xornada do XV TROFEO DE INVERNO para a clase Cruceiro, e as Series de Inverno para J80.

Na xornada do sábado, puidéronse completar 3 probas para os J80s, con vento do sueste-sur, algo inestable pero con boa intensidade de 8-12 nós. As dúas primeiras probas foron dominadas polo “Marina Coruña” patroneado por Pablo Martinez, por diante do “Biba” de Manuel Rego, na terceira proba do día cambiáronse os papeis e impúxose o “Biba”, esta vez patroneado por Miguel Fernandez, por diante do “Marina Coruña”, e en terceira posición o “Miúdo” de Carlos López.

Na xornada do domingo o día parecía case perfecto, algo frío pero con sol e vento. No momento de dar a saída no interior da baía coruñesa o vento perdía presión e obrigaba ao Comité de Regatas a desprazar a área de regatas cara a mar aberto. No momento da saída había escasos 5-6 nós que durante a primeira cinguida caía a escasos 3-4, que unido ao mar de fondo con ondas de 2 metros e mar revolto complicaban moito a navegación. Coa metade da proba case completada, o vento caía e marcaba uns escasos 3 nós, obrigando ao Comité a acurtar a regata e dar por finalizada a proba. O vencedor en clase 0-2 sería o “X-Grog” de Ricardo Vara, por diante do “Salseiro” de Manuel Blanco e do “Araucaria” de Joaquín Cobelo. En clase 3-4, vitoria do “Argallán” de Domingo Plana, por diante do “Kakis” de Pablo Veloso e do “Azahara” de Agustín Fernandez.

Ao finalizar a regata, todos os tripulantes puideron degustar a primeira das xornadas dos Manxares de Inverno, esta vez foron Calos, nos salóns do Real Club Náutico Da coruña.

13 de xaneiro de 2015 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.