Vilagarcía destinará 210.000 euros do POS 2015 á rehabilitación da rúa de Vistalegre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello investirá arredor de 210.000 euros na mellora e rehabilitación da rúa Vistalegre. Esta é unha das actuacións previstas no grupo proposto polo goberno local para o Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación a desenvolver no ano 2015. O proxecto de Vistalegre está sendo redactado e debe ser presentado, xunto cos correspondentes ás demais obras, antes do 2 de febreiro. Polo tanto, os veciños teñen a seguridade de que ao longo deste ano contarán coas obras que agora demandan.

Basicamente, as actuacións consistirán en consolidar a parte máis monumental, a que bordea o muro do convento e que é semipeonil, e en mellorar a capa de rodadura que vai dende o remate dese muro ata o cruce con doutor Tourón que, como se sabe, ten unha base de lastra (“adoquín”).

15 de xaneiro de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.