Vigo e Lugo foron escenario do espectáculo do atletismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugoPontevedraVigo
A-
A+

Os atletas da Sociedade Ximnástica xa están a competir a pleno rendemento de cara aos Campionatos Galegos da segunda quincena do mes de xaneiro.

En Vigo, acudiron á segunda xornada do Trofeo de inverno, onde as rapazas pontevedresas nos deron unha alegría con importantes resultados.

Para empezar, Esperanza Caldas brindounos un bonito espectáculo nos 60 metros, con 8.19, quedando terceira, a tan só cinco centésimas da gañadora; con 4.45.27 nos 1.500 metros, Rocío Rodríguez realizou unha gran marca, para quedar segunda na distancia e Emma Casas con 10,31 foi terceira no triplo salto.

En canto aos rapaces, Pedro Santos foi segundo no quilómetro infantil, no salto con pértega Carlos Montero finalizou terceiro con 3,80 e Pedro Bastos, no seu debut na categoría xuvenil, gañou o lanzamento de martelo con 38,83.

En Lugo, destacar a Clara Gil e Inés Martínez, que asinaron un dobre no salto con pértega.

Boas marcas dos atletas da Sociedade Ximnástica en Braga, Santander e Valencia

Os atletas da Sociedade Ximnástica, multiplicáronse durante os últimos días buscando esa competición onde poidan facer unha gran marca.
Así na localidade portuguesa de Braga, Jorge Puig con 3.58.31 foi terceiro nos 1.500 metros; Barca Toba, con 10.41.57, nos 3.000 metros femininos, foi segunda; mesmo posto que Iván Docampo na carreira masculina con 8.43.24.

No Velódromo Luig Puig de Valencia hai que resaltar o terceiro posto de Ricardo Gaya no triplo salto con 13,49 e non nos esquezamos de mencionar a Víctor García Hernando, que na súa primeira competición en pista da tempada, tivo moi boas sensacións na distancia de 3.000 metros con 8.33.98.

13 de xaneiro de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.