Viaxe a Vitoria para ver ao Obradoiro fronte ao Laboral Kutxa Baskonia
O Rio Natura Monbus Obradoiro organiza unha viaxe a Vitoria para poder sentir fóra de casa o mesmo apoio que no Fontes do Sar, no último partido da primeira volta, ante o Laboral Kutxa Baskonia (domingo, 18.00 horas).
O prezo de viaxe e entrada será de 19 euros para peñistas, 25 para subscritores e 29 para afeccionados non aboados. A saída está programada para as 8.00 horas da mañá do domingo dende o Multiúsos Fontes do Sar, con volta ao rematar o encontro. Ademais, quen goce da viaxe terá de regalo unha entrada para o seguinte partido no Fontes do Sar, o 31 de xaneiro ante o Herbalife Gran Canaria.
Os que xa teñan trasporte para ir pola súa conta animar ao equipo, con opcións matemáticas aínda de Xogar a Copa do Rei, poden tamén comprar unicamente a súa entrada, cun prezo de 11 euros.
Os interesados poderán anotarse durante a semana ata o venres 16 ás 14.00 horas nas oficinas do club, con horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Tamén poderán facelo mediante transferencia bancaria á conta ES92-2080-0375-1130-4001-6453 e enviando o xustificante da operación xunto con nome, apelidos, e número de subscritor de ser o caso, ao correo abonados@obradoirocab.com.











