publicidade hoxe

VI edición do concurso de escaparates do CCA Estrela de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Dende o CCA Estrela de Marín queremos comunicar que o escaparate do establecemento NAYMA MODA INFANTIL gañou esta sexta edición do concurso, tanto na votación popular como da votación do xurado profesional. Tralo reconto das votacións realizadas a través do facebook, Nayma Moda Infantil obtivo un total de 440 votos seguido de Five Sport con 362.

Das votacións do xurado profesional, composto por membros da Federación Galega de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas (CCA Compostela Monumental, CCA Caldas, CCA Zona Monumental de Pontevedra e CCA Cambados Zona Centro) o escaparate de Nayma Moda Infantil tamén foi o que obtivo maior puntuación cunha media de 77,5 sobre 90 puntos. O xurado profesional emitiu a súa votación en base aos seguintes criterios: Creatividade, orixinalidade, innovación, iluminación, deseño e composición, exposición do producto, calidade estética, vinculación co nadal e a cor do escaparate. A entrega da distinción como gañador desta VI Edición, terá lugar este venres dia 16 ás 13 horas, na sede social.

13 de xaneiro de 2015 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.