Variacións do tráfico no entorno da praza de Galicia e na estrada de Castela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Policía Local de Ferrol informa de novidades na regulación do tráfico rodado debido ao avance das obras de instalación dos colectores do sistema de depuración e saneamento da ría, que se están a levar a cabo no entorno de Irmandiños. Ademais dos cambios que levará este novo dispositivo para as obras de saneamento, o corpo municipal de seguridade informa de restricción na estrada de Castela -no treito máis próximo á Ponte das Cabras- por mor de obras de canalización que realizará Fenosa. Nos dous casos, as medidas entrarán en vigor a partir do vindeiro luns, día 26, e o seu prazo de vixencia varia: Ao redor de 15 no caso do dispositivo obrigado polos traballos de saneamento e dunha semana na estrada de Castela.

No que atinxe aos traballos dos colectores de saneamento, se inicia unha nova zona de actuación no contorno da praza de Galicia que afectará ao espazo máis próximo á AlamEda dos Cantóns de Molíns. Así, a partir do luns e durante aproximadamente quince días, as variacións circulatorias con respeto ao dispositivo actual suporán cambios de ubicación das paradas de autobuses e taxis. A primera quedará temporalmente emprazada ao carón da mediana da praza de Galicia, mentres que os taxis terán o seu estacionamento fronte ao edificio de Correos.

Así mesmo, restrinxirase ao tráfico un carril da rotonda do Monumento aos Caídos en África -o que usan os vehiculos procedentes da estrada de circunvalación de Esteiro- ainda que de tódolos xeitos esta glorieta seguirá operativa e continuará regulando o tráfico rodado procedente de Esteiro e de Irmandiños. Para ilo gañarase espazo nas próximidades do acceso ao Arsenal para “ampliar” o carril que deberán usar os coches procedentes de Irmandiños e os que entren na praza de Galicia dende Esteiro. E, por último, cambia de sentido de circulación o viario máis próximo o Teatro Jofre, que ao eliminarse a parada de taxis pasa a ser de subida en lugar de baixada.

Obras de canalización na estrada de Castela

Por outra banda, un tramo do carril de circulación da estrada de Castela en dirección hacia Narón permanecerá cortada ao tráfico nun treito próximo á Ponte das Cabras dende o vindeiro luns e durante unha semana. Máis concretamente, a restrición temporal terá lugar onde se encontra un local de hospedaxse, zona en que se levará a cabo unha obra de canalización por parte da empresa Fenosa. Esta actuación ocupará o carril de saída da cidade naval en dirección ao municipio de Narón polo que o tráfico se desviará pola estrada da Gándara e a Trincheira.

23 de xaneiro de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.