publicidade hoxe

Uns cincocentos veciños participaron no Festival de Reis de Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Reis Magos en Lousame

Reis Magos en Lousame

Preto de medio milleiro de veciños e veciñas, entre adultos e nenos, encheron esta tarde o polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra” para participaren no tradicional Festival de Reis organizado polo Concello de Lousame. A festa comezou pasadas as 17:15 horas, con tres inchables que fixeron as delicias dos máis pequenos, un circuíto de trikets (uns triciclos que os pequenos manexaban tumbados sobre eles) e a novidade dunha carpa de videoxogos, onde un xogo de béisbol para wii e o clásico supermariokart chamaron moito a atención tanto de nenos como de maiores.

Pasadas as 18:00 horas fixeron a súa entrada no polideportivo Melchor, Gaspar e Baltasar, que saudaron aos pequenos e aproveitaron para recoller as súas peticións de primeira man, ao tempo que lles daban unha bolsa con lambonadas. Paralelamente tivo lugar unha degustación gratuíta de chocolate con churros.

O Concello de Lousame puxo un servizo gratuíto de transporte a disposición de todos os veciños e veciñas que o quixeron, e que aos veciños polas parroquias nas paradas habituais do colexio e que os volveron levar de volta á fin da festa, a iso das 20:00 horas.

5 de xaneiro de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.