Uns 1.500 estudantes de primaria participaron na iniciativa “Teatro pola Igualdade” no Jofre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Teatro pola Igualdade no  Jofre

Teatro pola Igualdade no Jofre

A concelleira de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, visitou esta mañá ao alumnado participante na representación de teatro pola igualdade que tivo lugar no Teatro Jofre con motivo da clausura conxunta de actividades “Cambiando de conto”. Un total de 1.500 estudantes de Primaria de nove centros educativos da cidade acudiron durante tres días ao Jofre para ver unha obra teatral que supón o remate destes talleres cos que dende a Administraciòn municipal se quere fomentar a eliminación dos estereotipos sexistas traballando cos centros educativos do municipio.

Esta obra teatral representada por dúas persoaxes, un principiño e unha princesiña, permitiu ao alumnado coñecer en directo os marcados estereotipos de xénero que aparecen nos contos, debuxos e cine como son as cores, as tarefas domésticas, etc. Trala representacióin os escolares participaron nun debate sobre o que viron na escenificación teatral. Os centros educativos participantes foron o San Xoán de Filgueira, Manuel Masdías, Esteiro, Juan de Lángara, Laxe-Valón, Pazos, Cruceiro de Canido, Isaac Peral e Recimil.

21 de xaneiro de 2015 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.