Unha xoven foi detida en Vigo por unha suposta agresión á súa nai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Axentes da Policía local de Vigo detiveron unha veciña da cidade, M.S.O., de 18 anos de idade, como presunta autora dun delito de violencia no ámbito familiar.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na tarde do martes, nun domicilio da zona da Pastora, onde acudiu unha dotación do 092 alertada de que se estaba a producir unha agresión.

Unha vez alí, unha muller de 56 anos relatou aos axentes que mantivera unha discusión coa súa filla porque o seu can fixera as súas necesidades na vivenda.

No transcurso desa discusión, segundo a versión da nai, a moza botoulle varios obxectos e golpeouna no brazo. Por estes feitos, a filla foi detida.

28 de xaneiro de 2015 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.