Un total de 80 personas comezarán a traballar no novo almacén de Bricomart en Santiago
80 persoas comezaron a traballar onte no novo almacén de BRICOMART situado no polígono empresarial da Sionlla (pegado a Costa Vella), Santiago de Compostela e que ten prevista a súa apertura no primeiro trimestre de 2015. Esta nova apertura supón o primeiro centro que BRICOMART abre na Comunidade Galega, e será o almacén décimo terceiro do grupo en toda España.
A compañía, especialista na venda de produtos para profesionais da construción e a reforma, celebrou onte a xornada de acollida das persoas seleccionadas que formarán o equipo do novo almacén de BRICOMART, nun acto que se desenvolveu nun hotel da capital galega e no que os protagonistas foron os novos colaboradores.
O novo equipo, con idades comprendidas entre os 22 e os 54 anos de idade, cubrirá postos de perfís moi variados, que van dende profesionais en materiais de construción, electricidade, fontanaría e demais oficios, ata mozos recén licenciados, pasando por persoas con experiencia na distribución e o comercio.
A empresa, moi envorcada no crecemento e desenvolvemento dos seus colaboradores, ademais de formación continua, ofrece un plan de carreira dirixido a mozos licenciados (especialmente aqueles que teñan estudos de ADE ou Económicas), que lles axudase a progresar profesionalmente na empresa.
Neste sentido, o director do novo centro de Bricomart, Javier García, sinalou que “é un privilexio poder contar cun grupo tan cheo de ilusión e talento así como de ganas por desenvolverse que, sen dúbida, é garantía de éxito ante calquera meta que se propoña”.
BRICOMART destina parte do seu investimento á formación dos seus colaboradores, conscientes do impacto que ten sobre a satisfacción dos seus clientes. Por ese motivo, tras a firma do seu contrato, todos eles participarán nun proceso de formación que durará máis de 20 días, organizados en diferentes etapas. Nel poderán coñecer a compañía, o posicionamento comercial, como desempeñar as funcións do seu posto de traballo, cuestións de seguridade e prevención de riscos, os procedementos, e sobre todo os produtos, co fin de dar a mellor atención e un asesoramento profesional aos seus clientes.
O novo almacén BRICOMART, conta cunha superficie de sala de vendas interior de 4500 metros cadrados e un patio de materiais de construción de 2500 metros cadrados. Ademais, ofrece máis de 370 prazas de aparcadoiro, algunhas delas adaptadas para vehículos voluminosos e con remolque.
BRICOMART, o almacén para os profesionais onde tamén poden comprar os particulares, é especialista na venda de materiais para a construción e a reforma, e conta cunha oferta de máis de 12.000 referencias das principais marcas do mercado, organizadas en torno a nove seccións: Materiais de construción, Madeira, Electricidade, Fontanaría, Sanitario, Cerámica, Pintura, Ferramentas e Ferraxaría, cunha variedade de produtos de calidade profesional e contando con zonas de carga, que permiten unha maior facilidade para o transporte de gran volume de material.











