Un total de 14 empresas mostran interese en realizar a obra do campo de fútbol de Bamio
Un total de 14 empresas optan á execución das obras de mellora do campo de fútbol de Bamio. O prazo de presentación de ofertas pechouse hoxe ás 14:30 horas, polo que o listado podería incrementarse nos próximos días coas propostas que poderían terse presentado dentro do prazo por correo postal. O proxecto ten un prezo de licitación de 475.426 euros e un prazo de execución de 3 meses. Tanto estes aspectos como os relativos á obra en sí poden ser obxecto de mellora por parte dos interesados.
As empresas que presentaron as súas ofertas para realizar esta obra son Limonta Sport Ibérica, Construcciones Castro, Obras y pavimentos Especiales S.A., COVSA, Marconsa, Obras y Viales de Galicia S.L., Emergis Construcción S.L., Mecano Sport, Nemesio Ordóñez, Conservia, Rehabilitación y Servicios S.L., Elecnor Infraestructuras, Calfensa Proyectos S.L, UTE Construcciones y Proyectos Abilleira S.L.y Alvac, S.L. E CYS Hispania Construcciones y Servicios.
As obras de mellora no campo de fútbol de Bamio consisten basicamente en dotar ao actual campo de céspede artificial, mellorar a iluminación do recinto e dotalo de sistema de rega e drenaxe e distintos elementos para a práctica deportiva como porterías para fútbol 11 e fútbol 7 e bancadas para os equipos.
Unha vez recibidas todas as ofertas os servizos técnicos do Concello deberán revisar si as empresas cumpren os requirimentos e a documentación esixida e, posteriormente, avaliar e informar as súas propostas para proceder a adxudicación da que rsulte máis vantaxosa para o Concello.











