publicidade hoxe

Un técnico TIC asesorará en Monforte sobre as novas tecnoloxías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Un técnico TIC para o asesoramento e formación de materias informáticas, comunicacións e administración dixital, está a disposición da cidadanía no concello de Monforte de Lemos ata o día 28 de febreiro

O seu labor englóbase dentro do proxecto Innov@te2, xestionado pola Deputación de Lugo e cofinanciado por esta entidade con axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O obxectivo do proxecto é achegar as novas tecnoloxías ós empregados municipais, as asociacións e á cidadanía en xeral. 

No portal Web do Concello (www.monfortedelemos.es) iranse poñendo unha serie de formacións periódicas e duración determinada (2 horas aprox.) onde se enfocarán as diferentes materias de forma practica e concreta.

O técnico poderase desprazar ás asociacións, baixo petición dos/das interesados/as, parar asesorar e solucionar incidencias relacionada coas tecnoloxías.

O asesoramento e as axudas son TOTALMENTE GRATUÍTAS

HORARIOS DE ATENCIÓN

Luns, xoves e venres: de 08:00 a 15:00 na Casa do Concello (oficina a carón do Rexistro Xeral).

Martes e mércores: de 09:00 a 14:00 na Casa do Concello de Monforte e de 16:30 a 19:00 nas Casiñas da Compañía.

 

7 de xaneiro de 2015 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.