publicidade hoxe

Últimos días para ver “Mar e madeira” no Vilán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñas
A-
A+

Última semana para visitar unha exposición única de dous grandes artistas galegos. Esta exposición con gran forza expresiva, enchen de cores e formas a sala de exposicións do Vilán.

O artistas multidisciplinar Antón Sobral móstranos unha serie de óleos sobre lenzo impregnados coa súa visión particular do mar; Enrique Tenreiro fiel a madeira, expoñe algunas das súas esculturas policromadas e grabados feitos con tallas de madeira.

“Mar e madeira no Vilán” podese visitar gratuitamente ata o 30 de xaneiro. A partir do sábado 31 de xaneiro teremos unha exposición moi diferente, onde as fotografías e acuarelas das paisaxes da Costa da Morte toman protagonismo seguindo a través das imaxes os 200km de costa que unen Malpica e Fisterra, grazas ao Camiño dos Faros : unha paisaxe a cada paso.

23 de xaneiro de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.