Últimos días para anotarse na excursión que organiza o Concello de Nigrán á cidade herculina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán organiza unha excursión de dous días á cidade da Coruña o fin de semana do 31 de xaneiro e 1 de febreiro, por un prezo de 65 euros por persoa, que inclúe habitación dobre en réxime de pensión completa no Hotel Tryp A Coruña de 4 estrelas, e visitas ao acuario, á Casa das Ciencias e a Betanzos.

As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición na axencia de Viaxes Virgin, da Ramallosa, no Centro Comercial A Romana, ou a través do teléfono 986 353537. Aínda que a excursión está aberta a todo o mundo, terán preferencia as persoas empadroadas en Nigrán.

19 de xaneiro de 2015 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.